xoves, 5 de novembro de 2015

VÍDEO CONFERENCIA XURXO MARIÑO.



O pasado 4 de novembro o centro IES Marqués de Sargadelos tivo o privilexio de ver en directo a vídeo conferencia do afamado e recoñecido neurocientífico Xurxo Mariño. 

O discurso preparado e ofrecido polo biólogo tratou principalmente de explicar
á xente máis nova o funcionamento do noso órgano máis importante, o cerebro. Expuxo as diferentes partes e funcións deste. O que ocorre cando facemos diferentes cousas ou temos diferentes pensamentos e sentimentos. 
Tamén falou sobre a mente e a comunicación entre persoas. Expresou a súa opinión e admiración pola complexidade das linguaxes. Posteriormente contestou a unha serie de preguntas realizadas polos oíntes da devandita conferencia. Xurxo tentou responder coa maior claridade posible todas as cuestións que a xente lle escribía en Twitter co hashtag #cienciaengalego.

Para min foi unha experiencia moi grata e informativa. Gustoume moito e espero poder volver a escoitar a esta persoa algunha vez máis. Paréceme un científico moi interesante e con un gran coñecemento sobre o seu campo.